RIANXO> A consellería do Mar entende a preocupación do sector…
Na xornada de hoxe achegouse á enseada de Beluso, onde se estiveron desenvolvendo tamén traballos de mostraxe co obxectivo de avaliar o impacto dos temporais e a súa posible afección na alta mortaldade de marisco.
Segundo ela esta é a mellor fórmula para coñecer con exactitude o que pasou e poder deseñar posteriormente as accións de apoio ó sector.
As mostraxes continuarán nos vindeiros días ó longo de toda a costa, tanto na provincia da Coruña como na de Pontevedra, ata completar unha avaliación individualizada de tódolos bancos afectados.











