O PPdeG aplaude a decisión do TC de levantar a suspensión cautelar á lei galega de parques eólicos

LOUSAME> A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, valorou a decisión do Tribunal Constitucional de levantar a suspensión provisional aplicada a varios puntos da lei galega referida a repotenciación dos parques eólicos, ó considerar que podía invadir competencias estatais.

Na súa intervención Prado denunciou unha vez máis a postura que está a manter o Goberno Central con Galicia, paralizando todo o que teña que ver co progreso para a nosa Comunidade.

Trátase segundo ela do segundo ‘varapau’ que o TC lle dá ó Goberno de Pedro Sánchez, despois do acontecido coa Lei do Litoral.

Ademais da eólica, a suspensión afectaba tamén á lei da homologación de baremos de axuda á dependencia e á discapacidade. 

A secretaria xeral do PPdeG referiuse tamén á convocatoria de mobilización prevista para mañá sábado en Compostela referida á Educación.

Segundo ela trátase dunha manifestación politizada, neste caso polo BNG, coa que busca sacar rédito político.