NOIA> Esta mañá arrincaban as obras de acondicionamento dos xardíns de Felipe de Castro O alcalde, Francisco Pérez, e o concelleiro de Obras, Manolo Seijas, supervisaron este inicio da actuación que ten coma principal finalidade a mellora da pavimentación deste espazo singular e característico en pleno centro histórico da vila que se atopaba nun avanzado estado de deterioro despois de anos sen un mantemento axeitado.
A actuación conta cun orzamento de preto de 90 mil euros, que serán sufragados con cargo a fondos europeos do Plan de Sostinibilidade Turística en Destino da ARD da Ría de Muros-Noia.
O equipo de goberno confía en que os traballos poidan estar rematados nos próximos meses, coincidindo coa festividade do San Marcos.











