POBRA> Barbanza Arousa entregou esta mañá os premios ós establecementos gañadores dunha nova edición do ‘+ Que Tapas’, celebrado durante as fins de semana do pasado mes de novembro e a primeira de decembro.
Dende a entidade fixeron unha valoración máis que positiva desta edición, que vén desenvolvéndose dende hai once anos.
Foron en total uns 34 locais hostaleiros os que tomaron parte nela, servíndose unhas 6.500 tapas. Unhas cifras que evidencian ás claras a relevancia da iniciativa.
O que se busca en definitiva non é máis que resaltar a riqueza gastronómica do territorio, así como os viños da IXP Barbanza e Iria, fomentando a actividade hostaleira en tempada baixa.
Os gañadores por cada concello foron, en Rianxo: Aghro da Corna, Castelao e o Vilar; en Boiro: La Tablita, La UBI e Furia; na Pobra: La Calle, a Taberna dos Cuñados e o Xanxo; mentres que en Ribeira os gañadores foron: A Recoveira, Échale Huevos e a tapería A de Marís.











