BOIRO> A Conselleria de Política Social visitou as instalacións de AMICOS en Comoxo. Alí tivo ocasión de felicitar ós deportistas de remoergómetro que veñen de acadar grandes éxitos no Campionato de España disputado en Cartagena.
Hai apenas un ano, o club de remo de Cabo de Cruz e a asociación AMICOS unían forzas para crear un equipo de remo na modalidade adaptada. En tan só doce meses, o equipo medrou de catro deportistas a máis dunha ducia que veñen de regresar do campionato de España co medalleiro completo.
A Conselleira de Política Social quixo visitar ós flamantes deportistas para trasladarlle as felicitación polos éxitos conseguidos e polo esforzo e capacidade de superación amosados. Neste sentido, agradecer á asociación e ó club de remo esta estreita colaboración en prol da inclusión real das persoas con discapacidade, en tódolos eidos, incluído o deporte.
Hai 20 anos, AMICOS poñía en marcha a asociación deportiva Integrados para favorecer a inclusión na práctica deportiva. Dúas décadas despois, os seus usuarios compiten con clubs de primeiro nivel, o que dá mostra dos logros acadados.











