A POBRA> O concello da Pobra vén de poñer en marcha un servizo de asesoramento xurídico especializado en estranxeiría. Será prestado polas avogadas da Asociación de Migrantes de Galicia na sede de Servizos Sociais da Pobra.
Xa está en marcha o novo servizo de asesoramento xurídico do concello da Pobra para persoas migrantes, emigrantes retornados e solicitantes de protección internacional en situación de vulnerabilidade.
O servizo correrá a cargo das avogadas da Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA) mediante a derivación de Servizos Sociais Comunitarios. Prestarase asesoramento para realizar trámites como a obtención da residencia e da nacionalidade, reagrupamento familiar, homologación de títulos así como consultas relacionadas coa regularización extraordinaria prevista polo goberno central.
En principio, as consultar realizaranse o venres pola mañá nas oficinas de Servizos sociais con cita previa. Aínda que dende o concello flexibilizarán os horarios de atención en función das necesidades dos demandantes abrindo tamén a posibilidade de realizar consultas en liña.O Programa está financiado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo.











