O BNG reivindica en Rianxo a figura de Castelao

O BNG celebrou en Rianxo o tradicional acto de homenaxe a Castelao cando se cumpre o seu 76 cabodano. Ademais dun acto público no auditorio municipal, no que participaron a portavoz municipal, Sarela Betanzos, a deputada, Rosana Pérez, e a voceira nacional, Ana Pontón, os nacionalistas realizaron a tradicional ofrenda floral ante o busto do insigne galeguista, emprazado no Paseo da Ribeira.

Ribeira licita o proxecto para a musealización da nave anexa a Cerqueira

O concello de Ribeira vén de sacar a licitación a redacción do proxecto de musealización da nave anexa a fábrica de Cerqueira. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 19 de xaneiro.

Rueda destaca a aposta inversora de Jealsa trala prórroga da concesión do Bodión

O presidente da Xunta visitou esta mañá as instalacións de Jealsa en Boiro. Alfonso Rueda puxo en valor a aposta pola innovación deste grupo empresarial que está a realizar importantes investimentos despois de que a Xunta autorizase a prórroga da concesión da planta emprazada no porto do Bodión.

Ribeira aspira a adherirse á Rede de Mercados Excelentes

O concello de Ribeira  avanza no procedemento para adherirse á Rede de Mercados Excelentes de Galicia. Nos próximos días, adxudicarase o contrato para a realización dun estudo sobre a situación e usos do mercado municipal así como un programa de formación para os praceiros.

Gómez Caamaño pon en valor a Unidade de Condutas Aditivas de Ribeira tras o...

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, realizou esta mañá unha visita ás instalacións da Unidade de Condutas Aditivas de Rbeira tras a oficialización do seu traspaso ó SERGAS o pasado 1 de xaneiro. Durante a visita o titular de Sanidade tivo tempo de coñecer o traballo que desenvolven os profesionais que prestan o seu servizo nestas dependencias, cuxa xestión ata o de agora dependía do Concello.

Mar autoriza a concesión da lonxa vella de Ribeira para nave de redes

A Consellería do Mar vén de outorgar a concesión para a nova nave de redes de Ribeira que se emprazará na lonxa vella. Portos de Galicia investiu 40 mil euros no acondicionamento das instalacións que darán cabida tamén a unha aula formativa.

Noia abre o calendario de probas da Copa Galicia de 3 horas de Resistencia...

Noia acollerá este vindeiro domingo 11 de xaneiro a primeira das probas do calendario da Copa Galicia de 3 horas de Resistencia BTT para este 2026. A actividade, que se desenvolverá no polígono de Augalevada a partir das doce da mañá, reunirá a uns 200 corredores.

Ribeira retoma as mobilizacións para esixir unha atención sanitaria de calidade

A Plataforma pola Sanidade Pública retomou as mobilizacións diante do centro de saúde de Ribeira despois do parón das festas de Nadal. Aínda que a situación mellorou con respecto ós últimos meses, manterán as protestas para evitar novos retrocesos chegando mesmo a Compostela onde teñen previsto mobilizarse o próximo día 16.

Usuarios da Alta demandan a apertura do módulo cuberto de atletismo

Os usuarios do estadio da Alta na Pobra demandan a apertura do módulo cuberto de atletismo. A pesar de que as obras finalizaron hai xa un ano, a instalación permanece pechada e xa presenta deficiencias pola falla de uso.

A alcaldesa de Ribeira clausura o campamento de conciliacion de Nadal no que participaron...

A alcaldesa de Ribeira participou esta mañá no acto de clausura dos obradoiros de conciliación desenvolvidos durante o Nadal. 45 nenos participaron nas actividades de lecer desenvolvidas no conservatorio municipal para facilita a conciliación das familias durante o período non lectivo.

REDES SOCIAIS

40,725FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete