LOUSAME> O concello de Lousame investiu os 60 mil euros do Fondo de Cooperación Local, o importe máximo que establece a orde, para desenvolver dúas actuacións en materia de eficiencia enerxética.
Ademais da renovación integral do sistema de auga quente do pavillón municipal, o Concello executou a instalación de paneis fotovoltaicos na piscina para reducir o alto consumo que rexistraba posto que ata o momento contaba con sistema de termos eléctricos.
Ademais destes investimentos, a delegada destacou outras actuacións acometidas no municipio ó abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, como o saneamento da Gandarela e a mellora da eficiencia enerxética do local social de Cruído, que elevan ata os 100 mil as axudas concedidas ó concello.
Estas liñas de axuda dirixidas ós concellos con menos de 15 mil habitantes son fundamentais para mellorar infraestruturas e garantir servizos de calidade á cidadanía dos concellos rurais.











