Noia investiu 60 mil euros na mellora do campo de fútbol municipal Julio Mato

NOIA> O concello de Noia investiu máis de 60 mil euros na mellora do campo de fútbol municipal. Ademais da instalación dun equipo de aerotermia, procedeu á renovación dos vestiarios e á impermeabilización de parte da cuberta para eliminar as filtracións.

Os noieses dispoñen dunhas instalacións deportivas renovadas grazas ás melloras acometidas no campo de fútbol Julio Mato. O concello destinou máis de 60 mil euros para executar unha serie de melloras.  A principal, a instalación dunha bomba de calor que permitirá un imporante aforro enerxético.

Ademais da instalación da aerotermia, procedeuse á renovación dos vestiarios que se atopaban en moi mal estado e reparouse parte da cuberta para corrixir os problemas de filtracións. Tamén se executaron outras obras menores como  a ampliación da cuberta dos bancos.