PORTO DO SON> Máis de douscentos corredores, 119 na distancia longa e 85 na curta, participaron onte domingo no Xtosín Trail organizado por Arousa Neo.
Carlos Lorenzo fíxose coa vitoria na modalidade longa de 21 quilómetros, seguido de Marcos Pascual e Pedro Traba que completaron o posio. O corredor sonense fixo un tempo de 1.48.03.
Na categoría feminina a primeira corredora en atravesar a liña de meta nesta mesma distancia foi, Andrea Vázque, cun tempo final de 2:24:11.
No que respecta á distancia curta, de 15 quilómetros, o primeiro clasificado foi Yeray Lorenzo en homes e Marta Vázquez en mulleres.
A carreira desenvolveuse sen ningún tipo de incidencia destacada, nunha xornada marcada polas boas condicións metereolóxicas para esta práctica deportiva.
A proba de onte poñía ademais o broche de ouro ó Circuíto Trail Series, na que se incluían este ano únicamente dúas probas, a de onte en Portosín e a celebrada o pasado 25 de xaneiro en Outes.
Trala suma de tempos nas dúas carreiras a vitoria final na distancia curta foi para Yeray Lorenzo en categoría masculina e Carla Liñares en féminas, mentres que na modalidade longa o trunfo recaeu en Carlos Lorenzo en homes e Andrea Vázquez en mulleres.
Dende a entidade organizadora destacaron o bo desenvolvemento da proba, na que se incluíu tamén unha andaina, con boa parte do percorrido en común.






