Ribeira despedirá o ano cunha gran festa de Noitevella en Bandourrío
Os ribeirenses gozarán este ano dunha proposta para celebrar a entrada no 2026. As concellerías de Cultura, Festexos e Xuventude promoven unha festa de Noitevella con animación musical e cotillón.
Lousame impulsará a natalidade con axudas económicas e servizos de apoio e conciliación
O concello de Lousame impulsa o seu primeiro plan de fomento da natalidade. As familias con fillos nacidos a partir do 1 de xaneiro percibirán unha axuda económica de 900 euros. Así mesmo, contarán con servizos de conciliación e de asesoramento adaptados a cada unidade familiar.
Os pobrenses seguen a reclamar un PAC de tarde
Aínda que menos concorrida que en anteriores ocasións, a concentración pola sanidade pública volveu reunir este mediodía a ducias de pobrenses dainte do seu centro de saúde. demandan un Punto de Atención Continuada de tarde e a redución das listas de agarda para segundas consultas con especialistas.
A Pobra volve adiantar as badaladas cunha festa pre-fin de ano
Os pobrenses volverán adiantarse ó calendario coa Festa pre fin de ano que terá lugar a mediodía. As badaladas correrán nesta terceira edición a cargo dunha polifacética veciña que será a encargada de dar a benvida ó 2026 por adiantado.
M. Ángel Iglesias: ‘As campañas de Nadal xa non son o que eran’
RIANXO> A chegada destas datas, coa campaña de Nadal, representaba para moitos mariscadores unha fonte maior de ingresos, pero lonxe desa realidade, nos últimos anos,...
O mercado de Nadal revitaliza a praza de abastos de Rianxo
A praza de abastos de Rianxo acolleu estes días un Mercado de Nadal. Un total de dez postos ofreceron produtos artesanais ós numerosos visitantes que pasaron pola instalación ó longo desta semana.
A Garda Civil desmantela un importante punto de venda de droga en Boiro
Detidas tres persoas en Boiro, unha delas xa ingresou en prisión, no marco da operación Parvularios. Segundo a Garda Civil a detención supuxo o desmantelamento dun punto moi activo de venda de droga na comarca. Interviñéronse máis de 7 mil doses de diversas substancias estupefacientes e numerosos obxectos procedentes de roubos.
Ribeira premia as mellores fachadas e escaparates con cestas de Nadal
O concello de Ribeira entregou esta mañá as cestas de Nadal ós gañadores dos concursos de decoración de fachadas, hostalería e comercio. Ademais das mellores vivendas de cada parroquia, resultaron elixidos os escaparates de Confecciones Teresa, carnicería A de Juana e a decoración da cervecería Morrison e a xamonería Otear.
O PSOE de Rianxo pide a revisión integral da balaustrada do Campo de Arriba...
O PSOE de Rianxo urxe a acometer actuacións urxentes de mantemento en varios puntos do casco histórico. Os socialistas demandan un reforzo da limpeza e do mantemento na Praza da Fonte así como a revisión da balaustrada do Campo de Arriba ante os desprendementos rexistrados nos últimos meses.
A conselleira do Mar reúnese coas confrarías de Porto do Son e Portosín
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, segue coa súa rolda de visitas polas confrarías galegas. Hoxe tocoulle a quenda ás de Portosín e Porto do Son. Nos encontros mantidos coas xuntas directivas de ambos pósitos, a titular do Mar puido coñecer de preto as principais necesidades das dúas confrarías, moitas delas relacionadas coa mellora das infraestruturas portuarias.

















