RIBEIRA> O concello de Ribeira adxudicou catro proxectos incluídos no POS que implicarán melloras viarias e de servizos en varios puntos do municipio. As obras, previstas no casco urbano de Ribeira e nas parroquias de Oleiros, Palmeira e Corrubedo, suman un investimento de máis de 300 mil euros.
A obra prevista en Santa Uxía consistirá na pavimentación de céntrica rúa Miguel Rodríguez Bautista cun investimento de máis de 62 mil euros. En Corrubedo, executarase a pavimentación dun treito da rúa Buenos Aires.
En Palmeira, acometerase non só a renovación do pavimento senón tamén da rede de abastecemento da rúa Agriña, o que suporá un custo de 97 mil euros. Mentres que en Oleiros ampliarase a rede de saneamento no lugar dos Muíños.











