Boiro recupera a memoria de oito veciños vítimas do franquismo

BOIRO> Oito represaliados boirenses serán homenaxeados esta fin de semana no marco dunhas xornadas organizadas pola Comisión da Memoria Histórica en colaboración co concello de Boiro. Ademais de conferencias e coloquios, inauguraranse un memorial no cemiterio de Boisaca.

O Pazo de Goiáns, o sábado, e o cemiterio de Boisaca o domingo serán o escenario das xornadas de homenaxe a oito boirenses asasinados pola represión franquista.

O sábado o Pazo de Goiáns acollerá a partir das once da mañá o primeiro dos actos institucionais cunha conferencia e posterior coloquio a cargo de Antonio Míguez, Xosé Deira e Rocío Yáñez. O domingo, os actos desprazaranse ata o cemiterio de Boisaca onde terá lugar unha ofrenda floral e a inauguración dun monumento memorial. Ademais de veciños e familiares dos oito represaliados participarán nos actos o alcalde de Boiro e a alcaldesa de Santiago.

Os actos son abertos a toda a cidadanía. Para desprazarse ata Boisaca, a Comisión fletará un autobús dende Ribeira con paradas en toda a comarca.