Barbanza saúda ó ‘Entroido’ a pesar do mal tempo

BARBANZA> O Entroido tamén se deixou sentir na comarca da Barbanza esta fin de semana.

Moitos concellos, vendo as previsións metereolóxicas adversas, optaron pos suspender boa parte da programación e outros pola contra decidiron seguir adiante co cartel.

Unha das citas festivas da fin de semana máis mutitudinarias tiña lugar en Boiro, coa festa da orella de porco, celebrada o na praza de Rebelar, na Boliña, baixo a organización da asociación de veciños Río Breiro, en colaboración co Concello.

A cita, na que se mestura carnaval e gastronomía, estase a converter co paso dos anos nun evento imprendidible no entroido da comarca, congregando a centos de persoas desexosas de degustar as racións de orella e tamén os postres típicos destas datas como é o caso das filloas, as orellas ou as rosquillas.

E dende alí moita xente se trasladou ata a praza do Concello para continuar coa festa, nesta caso organizada pola asociación Peñas Boiro, e que se prolongou ata altas horas da madrugada.

En Porto do Son, na carpa habilitada no paseo marítimo, celebrouse onte domingo tamén a foliada choqueira e a festa da filloa.

A cita reuniu tamén a un gran número de persoas, especialmente nenos, que quixeron disfrutar da xornada festiva, acudindo cos seus mellores disfraces.

E multitudinario foi tamén o festival de entroido de Lousame celebrado onte domingo no polideportivo municipal. 

A cita, unha das máis concorridas dos últimos anos, incluíu unha festa infantil con música, degustación de postres típicos de entroido e o tradicional desfile, recuperado nesta edición, despois de varios anos sen celebrarse.