A Xunta anima ás asociacións de empresarios a solicitar axudas para a dinamización comercial

BOIRO> A delegada territorial da Xunta na Coruña desprazouse esta mañá ata Boiro para visitar algúns dos comercios adheridos á Asociación Boirense de Empresas. Alí, Belén do Campo informou de que segue aberta a convocatoria de axudas á dinamización para as asociacións de comerciantes da que a ABE beneficiouse cunha achega de 100 mil euros na súa última edición.

A Xunta de Galicia mantén aberto ata o próximo 12 de marzo o prazo para a solicitude de axudas á dinamización comercial para as asociacións empresariais. Así o indicou a delegada territorial da Xunta na visita realizada esta mañá a Boiro que conta cunha das asociacións empresariais de referencia non só na comarca senón en toda a provincia.

A ABE volverá concorrer este ano á liña de subvencións da que resultou beneficiaria a pasada edición cunha achega de cen mil euros destinada ó desenvolvemento de accións promocionais e formativas.

Acompañada do alcalde e doutros membros da corporación local e da patronal, Belén do Campo tivo ocasión de visitar algúns dos negocios que forman parte da ABE que conta na actualidade con máis de 200 asociados.