A fortuna esquiva Barbanza neste sorteo de Nadal
Menos sorte no Barbanza onde a fortuna pasou de longo neste sorteo. Nalgúns casos estivo preto posto que a administración Número 1 de Ribeira vendeu integramente o número 74932, moi parecido ó Gordo que caeu no 79432.
Congalsa volve sortear unha Viaxe a Eurodisney na campaña de Nadal da Pobra
Volve un dos clásico do Nadal á Pobra. O concello e Congalsa sortearán unha viaxe a Eurodisney para catro persoas entre aqueles clientes que fagan as súas compras no municipio entre o 29 de decembro e o 5 de xaneiro.
O PP de Boiro esixe a devolución dos cobros indebidos nos recibos da auga
O PP de Boiro insta ó concello a devolver os importes do recibo da auga que se cobraron de máis. Piden ó executivo que divida as contías por trimestres para aplicar as tarifas que corresponden nos casos en que non se realizou a lectura real dende hai meses.
A Pobra contará cun cuartel da Garda Civil dotado con 12 efectivos
O Subdelegado do Goberno na Coruña desprazouse esta mañá ata A Pobra para anunciar a creación dun posto oficial da Garda Civil no municipio. Actualmente existe unha unidade auxiliar dependente do cuartel de Boiro. Coa autorización da conversión pasará de 3 a 12 efectivos.
Rianxo respira Nadal ás portas dun fin de semana cheo de actividades
Rianxo ten deseñado un amplo abano de actividades para este Nadal dirixidas a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. Durante esta fin de semana acapararan a atención os festivais de Nadal, nos que destacan os que protagonizarán os alumnos da Escola de Música Municipal.
Xubilados de Boiro realizan unha protesta simbólica pola residencia que levan reclamando dúas décadas
A asociación de xubilados de Boiro segue a reclamar unha residencia pública para o municipio. Segundo o colectivo a solicitude é unha necesidade vital, pola que levan pelexando dende hai máis de 20 anos. Segundo eles os sucesivos gobernos que pasaron polo Concello non fixeron nada por conseguila.
Daniel Landesa faise co VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro
A oitava edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro xa ten gañador. O xurado, reunido esta mañá no concello da Pobra, elixiu por unanimidade a obra ‘A nena Pingüín’ de Daniel Landesa.
O BNG de Ribeira critica os orzamentos da Xunta tras rexeitar as súas emendas
O BNG de Ribeira criticou duramente os orzamentos da Xunta por deixar fora proxectos estratéxicos e servizos básicos para o municipio. Entre eles, a falla de investimento para o futuro polígono industrial, a residencia ou unha segunda escola infantil-
300 ciclistas participarán na BTT de Nadal de Ribeira
300 persoas tomarán parte na BTT de Nadal de Ribeira que se desenvolverá o 28 de decembro. Nesta decimo quinta edición, destaca a beleza dun percorrido totalmente renovado que contará con dúas distancias.
A Pobra adianta o seu desfile de Nadal ó venres ante as malas previsións...
A POBRA> O desfile de Nadal que se ía celebrar o sábado 20 de decembro, debido ás previsións de mal tempo aidántase para a...

















