RIBEIRA> Ribeira segue a avanzar na dotación de servizos básicos ás parroquias. O concello está a executar dúas actuacións en Aguiño financiadas con fondos propios que ascenden en total a 20 mil euros.
Xa están en marcha dúas actuacións que permitirán renovar as redes de servizos básicos na parroquia de Aguiño. Unha delas consiste na renovación da tubaxe de abastecemento na rúa Manuel Murguía para poñer fin ás numerosas incidencias que viña rexistrando con roturas constantes.
O concello asume tamén con fondos propios a ampliación da rede de saneamento da rúa Rabuda para evitar os asologamentos que se producía na contorna.
Estas obras véñense sumar a outras proxectadas na parroquia como a renovación de servizos e pavimentación da rúa Serriño, que suporá un investimento de 114 mil euros con cargo ó POS da Deputación da Coruña.











