Máis de 1000 deportistas participarán en Noia no Campionato Galego de Remo Ergómetro

NOIA> Máis de 1000 deportistas, de 150 equipos de toda Galicia, daranse cita este domingo en Noia para participar no Campionato Galego de Remo Ergómetro . Disputarase no pavillón Agustín Mourís a partir das nove e media da mañá.

Ás nove e media da mañá arrancará o campionato coas probas individuais mentres que pola tarde, a partir das tres, disputarase a competición por equipos en tódalas categorías, de alevín a veterano.

Dende o Club de Remo de Noia quixeron agradecer a confianza depositada pola Federación Galega na entidade para organizar esta competición que xa bateu récord de inscricións.

Entre os máis de mil competidores haberá unha nutrida representación local con 16 remeiros nas distintas categorías e con moitas opcións de subir ó podio.