RIBEIRA> Unha xestora presidida polo ex alcalde de Noia, Jesús Díaz Fornas, será a encargada de dirixir o proceso para a constitución da nova executiva local. O obxectivo é consolidar unha dirección forte e estable de cara ás eleccións municipais de 2027.
O PSOE de Ribeira avanza no proceso de constitución da futura executiva local. Estará coordinado pola nova xestora presidida por Jesús Díaz Fornas, que conta cunha ampla bagaxe política. Ademais de alcalde de Noia exerceu como deputado provincial e tamén no Congreso. Xunta a el, integran a comisión José Luís Ruíz, Juan Jesús Ares, Patricia Lojo e Gema Fernández. Este equipo será o encargado de supervisar o proceso de elección da nova dirección local co fin de que poida recuperar a normalidade tras varios anos titelada pola executiva provincial.
O principal obxectivo da futura executiva será o de recuperar unha base sólida e atraer novos militantes de cara ás futuras municipais do ano que vén.
Na actualidade, o grupo socialista conta tan só cun representante na corporación, o concelleiro Francisco Suárez-Puerta que formaba parte da executivo local ata a moción de censura que desaloxou ó tripartito do poder o pasado mes de setembro.











