RIBEIRA> O BNG levará ó vindeiro pleno unha proposta coa que buscan o apoio unánime do resto de forzas na corporación municipal para a recuperación da avenida das Carolinas, para convertela nunha zona verde pública con estacionamento gratuíto, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza deste barrio e reforzar así a actividade económica da zona.
Os nacionalistas aproveitaron tamén a ocasión para reclamarlle á Xunta que deixe de bloquear proxectos que son positivos para á veciñanza da localidade e faga a reversión ó Concello daqueles terreos sen uso vinculado á actividade marítima.











