Os boirenses volverán colaborar coa Fundación Stop Leucemia na VI Andaina Solidaria de Jealsa

Jealsa volverá celebrar a súa andaina solidaria en favor da Fundación Stop Leucemia. Esta sexta edición desenvolverase o 27 de setembro cun percorrido deseñado por Barbantia Roda, apto para tódolos públicos. Dende a organización chaman a participar nesta cita deportiva en beneficio de toda a sociedade.

Noia destinará a maior parte do POS+ á mellora ambiental da Barquiña e a...

O executivo de Noia presentou as obras a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña tralo acordo acadado co grupo municipal do BNG. Entre as actuacións máis destacadas figura a automatización da planta potabilizadora de auga ou a rehabilitación da contorna do cruceiro da Barquiña.

O concello de Ribeira adxudica o parque infantil do Centenario

O concello de Ribeira vén de adxudicar catro contratos por valor de 300 mil euros. Un dos máis importantes será a instalación do parque infantil do Centenario ás que se suman outras obras de saneamento e servizos.

O Taller Alecrín ofrecerá actividades de baile para tódalas idades na Pobra

A Pobra volverá apostar polo baile da man do Taller Alecrín que programou diversos actividades e cursos para a tempada 2026-2027. Haberá obradoiros tódolos venres pola tarde no colexio de Bandaseca tanto de baile individual como para parellas.

A CIG denuncia os incrumprimentos de Monbus cos traballadores do servizo de transporte escolar

O curso escolar arrancou no Barbanza con incidencias diarias no servizo de transporte. A razón, segundo denunciaba esta mañá a CIG, é a deficiente xestión da empresa concesionaria que non está a cumprir coas condicións do contrato. Nin sequera procedeu á subrogación dos traballadores da anterior empresa.

Unha nova senda peonil mellorará a mobilidade entre Noia e O Porto do Son

O PORTO DO SON> O Diario Oficial de Galicia publicaba hoxe a aprobación definitiva do proxecto da senda peonil que conectará Noia co Porto...

16 mozos do Barbanza fórmanse en xardinería ó abeiro do obradoiro Talento Mozo II

Dezaseis mozos do Barbanza formaranse ó longo dos próximos doce meses no ámbito da xardinería no marco do obradoiro Talento Mozo que promoven conxuntamente os concellos da Pobra, Boiro e Rianxo co financiamento da Xunta de Galicia.

A Milla Urbana Nocturna inaugura o programa deportivo do Nazareno

Ademais do pregón inaugural, A Pobra dará a benvida ás festas do Nazareno con deporte. O venres terá lugar a Milla Urbana Nocturna, nunha xornada que arrancará co Open Integrado de Tenis de Mesa organizado por ADECO-DEA.

Noia destinou máis de medio millón de euros a melloras no saneamento

O concello de Noia inviste máis de medio millón de euros na renovación da rede de saneamento e pozos de bombeo. Ademais das actuacións principais, a brigada de obras está a realizar reparacións puntuais nalgúns treitos da rede que presentaban roturas.

Convocado o IX Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O concello da Pobra convoca a novena edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Mantense a dotación económica de tres mil euros para o gañador xunto coa publicación da novela na colección Árbore de Editorial Galaxia.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete