Desartellada unha perigosa banda que realizaba ‘vuelcos’ de droga en Galicia

SALNÉS/BARBANZA> Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado a organización empregaba unha violencia extrema nas súas prácticas, co uso mesmo de armas de fogo, co fin de subtraer a mercadoría, pero tamén adoitaban realizar técnicas de puro engano.

O arsenal e o patrimonio intervido durante a operación mostraron o enorme potencial económico e a loxística coa que contaba a rede criminal. Ademais de cocaína, nas dezasete entradas e rexistros realizados polos axentes comisáronse partidas de heroína, haxix e MDMA.

A contundencia das probas presentadas fixo ademais que a autoridade xudicial decretase de inmediato o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para oito dos doce detidos.