AMBAR demanda á Xunta máis prazas de centro de día
A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou as instalacións de AMBAR en Ribeira para coñecer as necesidades da entidade. A presidenta da asociación trasladoulle a demanda de ampliar as prazas de centro de día.
Mimarte e Cáritas Ribeira celebrarán a Gala Solidaria de Nadal o 13 de decembro
Ribeira dará a benvida á programación do Nadal cun dos seus clásicos. A Gala Solidaria en favor de Cáritas celebrarase o 13 de decembro da man dos artistas da escola de teatro musical ‘Mimarte’.
O BNG de Muros-Noia presenta emendas aos Orzamentos da Xunta por valor de máis...
O BNG denunciou novamente a falla de compromiso do Goberno da Xunta coa comarcas de Muros e Noia nos orzamentos do vindeiro ano 2026. Os nacionalistas presentarán diversas emendas que recollen actuacións para eles prioritarias para estas dúas comarcas que no seu conxunto suman máis de 25 millóns de euros.
O executivo boirense executa diversas melloras nun vial en Moimenta
O executivo boirense está a executar o acondicionamento dun camiño no lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda. A actuación, que leva aparellada tamén a recollida de pluviais e a instalación dun tramo da rede de abastecemento, ascende a uns 91 mil euros, e vai sufragada con cargo a unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER.
A Deputación amplía ata o 3 de decembro o programa MercaNaVila
A Deputación da Coruña decide ampliar ata o 3 de decembro o seu programa de bonos MercaNaVila. A institución provincial atende asi a solicitude formulada por numerosos concellos da provincia, entre eles os de Boiro e Noia, ante o éxito de participación.
A prevención da violencia dixital centra a programación de Boiro polo 25-N
O concello de Boiro celebrará o 25 N centrándose na prevención da violencia dixital. Ademais do acto institucional do martes, estanse a desenvolver programas de intervención en sexualidade e saúde mental nos centros educativos.
Ribeira recibe ós deportistas do Kempo Barbanza que veñen de conseguir 18 medallas no...
A corporación municipal de Ribeira ofreceu unha recepción ós deportistas de kenpo que veñen de participar no Campionato de Europa coa selección españolas. Os barbanzáns fixéronse con 18 medallas nas distintas categorías que evidencian a gran proxección deste deporte na comarca.
Ribeira conmemorá o 25-N poñendo o foco na educación
O concello de Ribeira porá o foco na educación para conmemorar o 25 N. Ademais dos actos institucionais para o propio día, desenvolveranse obradoiros e talleres de prevención nos centros educativos. O concello sumarase ademais ás campañas ‘De fronte á Violencia de Xénero’ da Deputación da Coruña e ‘É violencia con todas as letras’ da Xunta de Galicia.
A aula CeMIT de Ribeira acollerá un Nadal dixital para tódolos públicos
A Aula Cemit de Ribeira celebrará o Nadal cunha ampla oferta formativa. Haberá catro cursos tanto para nenos como adultos, cunha proposta interxeracional do máis novidosa.
O orzamento da Deputación da Coruña para 2026 ascende a 256’5 millóns de euros
A Deputación da Coruña presentou esta mañá o orzamento para o vindeiro ano 2026. O presuposto ascende a un total de 256´5 millóns de euros, o que supón un 6,67% máis que o do exercicio anterior.


















