O PSOE de Rianxo pide unha mellor xestión do servizo de recollida e control de animar abandonados

RIANXO> O PSOE de Rianxo pide ó goberno unha mellor xestión da recollida e control de animais abandonados. Recolle así as queixas de diversas entidades e asociacións ó respecto de deficiencias no servizo.

Facéndose eco das queixas tanto de veciños particulares como de asociacións e protectoras animais, o PSOE de Rianxo demanda ó executivo que aclare as condicións en que se presta o servizo de recollida e control de animais. Os socialistas esixen o cumprimento da lei de benestar animal e a aplicación estrita dos protocolos de control.

Dende o PSOE demandan tamén información sobre a existencia dun concerto con clínicas veterinarias, como acontece noutros concellos,  para facilitar o labor das entidades voluntarias que traballan neste eido.