BOIRO> Detidos cinco boirenses no marco da operación Zaguanes contra o tráfico de drogas. A Garda Civil desmantelou dous puntos de distribución de substancias estupefacientes no centro de Boiro, relacionados ademais cunha serie de roubos e outras actividades delitivas.
A Garda Civil de Boiro detivo a cinco persoas, catro homes e unha muller, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, outro de blanqueo de capitais e un terceiro de pertenza a grupo criminal.
A operación ‘Zaguanes’ que permitiu desmantelar dous puntos de venda de drogo, iniciouse no verán de 2025 ante o incremento de roubos en comercios e furtos no interior de vehículos dos que se subtraía calquera tipo de efectos. A detención dunha das autoras destes feitos permitiu avanzar nas pescudas ó comprobar que a muller se desprazaba a un domicilio para adquirir substancias estupefacientes que posteriormente distribuía na súa propia vivenda.
Unha vez constatada a a presunta realización de actividades ilícitas en ámbolos dous inmobles, a Garda Civil procedeu ó seu rexistro no que se incautaron de diversas cantidades de droga, 6300 euros en moeda fraccionada, útiles para o manexo e distribución das substancias e numerosos enseres procedentes de diversos ilícitos. Estes efectos, xunto cos cinco detidos, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número dous de Ribeira que decretou o ingreso en prisión do líder deste grupo criminal.











