Noia abre o calendario de probas da Copa Galicia de 3 horas de Resistencia BTT

NOIA> Noia abre este vindeiro domingo 11 de xaneiro o calendario das probas da Copa Galicia de 3 horas de Resistencia BTT.

Organizada polo Club Peña Ciclista Toxo e a Federación Galega de Ciclismo a competición disputarase nun circuíto habilitado para a ocasión no polígono de Augalevada e contara con preto de 200 corredores sumando tódalas categorías, dende cadetes a máster 60, incluíndo a modalidade de parellas masculinas, femininas e mixtas.

Dende o Concello, que colabora na organización da proba, destacaron a importancia da mesma, situando a Noia no epicentro do ciclismo galego.