A Xunta licitará a rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín por 1’3 millóns de...
A Xunta de Galicia investirá máis dun millón de euros na rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín en Boiro. Esta actuación enmárcase no paquete de melloras en centros educativos que acometerá a administración autonómica nos primeiros meses de 2026, no que tamén figura un investimento para a reconstrución da pista deportiva do IES Porto do Son.
Portos repintará o aparcadoiro do recheo de Ribeira para identificar as prazas reservadas a...
Portos de Galicia procederá ó repintado das prazas de estacionamento do recheo de Ribeira. Na actualidade, todas están pintadas de verde o que levou a confusión ós usuarios posto que tan só están reservadas para profesionais as máis próximas ós pantaláns.
Ruíz reclámalle ao Goberno Central máis firmeza na defensa dos intereses estratéxicos do sector...
O PP consegue aprobar na Comisión de Pesca no senado, unha moción coa que esixe ó Goberno central un liderado claro e firme na defensa dos intereses estratéxicos do sector pesqueiro. O senador Manuel Ruíz aludiu ó progresivo deterioro dos intereses do sector, en clara referencia ás últimas decisións tomadas no seo da Unión Europea.
O concello de Ribeira reactiva o expediente para a compra de Cerqueira
O concello de Ribeira vén de reactivar o expediente para a compra da antiga nave de Cerqueira. A pesar de que o anterior goberno anunciara a súa inminente adquisición, o expediente carecía de varios informes e non contaba co acordo plenario para aprobar a operación que ascendía a medio millón de euros.
O mal tempo e a proximidade de Nadal elevan o prezo de peixe e...
A mes e medio das festas de Nadal, as prazas da comarca comezan a experimentar un repunte nas vendas de peixe e marisco. Os máis previsores xa comezaron a adquirir produto para conxelar co fin de evitar as bruscas subidas que se agardan nas datas previas ós festivos.
O Refuxio da Pobra conta cun novo módulo para gatos grazas ó Fondo de...
O Centro de Recollida de Animais da Pobra conta cun novo módulo dotado con seis gateiras. A ampliación das instalacións, xestionadas pola protectora Moura, foi posible grazas ó Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.
O BNG do Barbanza presenta emendas ós orzamentos da Xunta por máis de 38...
O BNG do Barbanza presentará emendas ós orzamentos da Xunta na comarca por valor de 38 millóns de euros. Entre as partidas máis destacadas que botan en falta, sinalan as destinadas á creación de chan industrial, saneamento da ría e servizos sociais tan necesarios como centros de día, residencias e escolas infantís.
Alumnos do obradoiro de punta seca de AMBAR expoñen no Museo do Gravado
O Museo de Artes do Gravado de Ribeira acolle dende hoxe unha exposición moi especial. Trátase dunha mostra realizada polos usuarios de AMBAR que participaron no obradoiro de punta seca impartido polo mestre Pepe Míguez.
Cruz Vermella e o concello de Boiro organizan un magosto interxeracional
O concello de Boiro e a asemblea local da Cruz Vermella colaboran na celebración dun magosto popular o sábado 15 de novembro. Ademais da participación dos usuarios dos obradoiros que desenvolve a entidade, o evento está aberto a toda a cidadanía.
Amicos conmemora o seu 25 aniversario
Durante as próximas semanas a entidade realizará diversas actividades para conmemorar tan significativa data, para poñer en valor os 25 anos de traballo a favor da plena inclusión das personas con discapacidade intelectual.

















