A fortuna esquiva Barbanza neste sorteo de Nadal

RIBEIRA> Menos sorte no Barbanza onde a fortuna pasou de longo neste sorteo. Nalgúns casos estivo preto posto que a administración Número 1 de Ribeira vendeu integramente o número 74932, moi parecido ó Gordo que caeu no 79432.

A sorte esquivou a comarca do Barbanza neste sorteo de Nadal. Deixou algún que outro petisco en forma de pedrea ou terminación como a do Gordo que andou preto en Ribeira. A administración Número 1 da localidade vendeu integramente o 74932, coas mesmas cifras que o Gordo pero unha invertida o que evitou unha chuvia de millóns na capital barbanzá.

Aínda así o responsable desta administración foi optimista non só polo premio que deixa esta terminación senón tamén polas boas vendas deste ano.

Os barbanzáns aínda teñen unha oportunidade para o sorteo de Reis que adoita ser ser máis xeneroso coa comarca. O pasado ano, esta mesma administración repartiu un terceiro premio do Neno.