A Pobra contará cun cuartel da Garda Civil dotado con 12 efectivos

A POBRA> O Subdelegado do Goberno na Coruña desprazouse esta mañá ata A Pobra para anunciar a creación dun posto oficial da Garda Civil no municipio. Actualmente existe unha unidade auxiliar dependente do cuartel de Boiro. Coa autorización da conversión pasará de 3 a 12 efectivos.

O concello da Pobra contará cun posto ordinario da Garda Civil. Así o comunicou o subdelegado do goberno na Coruña que se desprazou ata o concello para oficializar este anuncio en compaña do alcalde. Na actualidade, A Pobra conta cun posto auxiliar, dependente de Boiro. Coa autorización da conversión,  ampliarase a plantilla de xeito progresivo ata os 12 gardas civís. Implicará tamén unha reforma das instalacións que comezará en 2026 cunha remodelación interior e terá continuidade coa dotación de novas dependencias.

O alcalde da Pobra agradeceu ó Ministerio do Interior e á Dirección Xeral da Garda Civil este compromiso co reforzo da seguridade no municipio brindando un servizo de proximidade á cidadanía.

No acto tamén estivo presente o coronel xefe da Comandancia Provincial da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira e a tenente alcalde do concello Patricia Lojo.