A POBRA> Volve un dos clásicos do Nadal á Pobra. O concello e Congalsa sortearán unha viaxe a Eurodisney para catro persoas entre aqueles clientes que fagan as súas compras no municipio entre o 29 de decembro e o 5 de xaneiro.
O sorteo dunha viaxe a Disney, un dos premios estrela da campaña de Nadal na Pobra, incorpora este ano unha novidade. Para participar, os clientes deberá completar o pasaporte Eurodisney con dez selos nos preto de 50 establecementos que participan na campaña.
Aqueles que completen un ou máis pasaportes entre os días 29 de decembro e 5 de xaneiro entrarán no sorteo desta viaxe patrocinada pola empresa Congalsa. O sorteo celebrarase o día 7 de xaneiro na praza de abastos da Pobra.











