BOIRO> O PP de Boiro insta ó concello a devolver os importes do recibo da auga que se cobraron de máis. Piden ó executivo que divida as contías por trimestres para aplicar as tarifas que corresponden nos casos en que non se realizou a lectura real dende hai meses.
A polémica sobre a suba da auga en Boiro segue a traer cola. Tras denunciar cobros excesivos, o PP esixe agora a súa devolución.
Dende o PP entenden que non é culpa dos veciños que non se realizara a lectura dos contadores en meses, nalgúns casos ata dous anos. Por esta razón, piden que as contías se dividan polos trimestres que corresponden para evitar o cobro dunha tarifa superior polo incremento do consumo.











