RIANXO> Rianxo ten deseñado un amplo abano de actividades para este Nadal dirixidas a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. Durante esta fin de semana acapararan a atención os festivais de Nadal, nos que destacan os que protagonizarán os alumnos da Escola de Música Municipal.
Rianxo respira xa Nadal. O Concello deseñou un amplo e variado cartel de actividades dirixidas a todo tipo de públicos. Teatro, obradoiros ou música, cos festivais das distintas agrupacións locais, entre as que se atopan a propia Escola de Música Municipal serán algú dos pratos fortes, pero non os únicos. Para os máis pequenos dende o 22 de decembro e ata o 3 de xaneiro haberá obradoiros, xogos e inchables no pavillón municipal.
Outro dos puntos de interese esta fin de semana será o mercado de Nadal. Co fin de incentivar o comercio e promover o consumo na localidade o Concello volve a desenvolver a campaña ‘MercaConcilia’.
A estas actividades sumaranse outras máis habituais como é a Festa de Fin de Ano promovida polas Juadalupeñas ou a propia Cabalgata de Reis.











