Ribeira premia as mellores fachadas e escaparates con cestas de Nadal

RIBEIRA> O concello de Ribeira entregou esta mañá as cestas de Nadal ós gañadores dos concursos de decoración de fachadas, hostalería e comercio. Ademais das mellores vivendas de cada parroquia, resultaron elixidos os escaparates de Confecciones Teresa, carnicería A de Juana e a decoración da cervecería Morrison e a xamonería Otear.

Ribeira loce esta Nadal máis fermosa se cabe grazas á implicación dos veciños e do tecido comercial que se sumaron a participar no concurso de decoración que convoca cada ano o concello.

Esta mañá, os afortunados gañadores recolleron as súas cestas de Nadal. Entregouse un premio xeral e outro á mellor fachada de cada parroquia. Na categoría de hostalería os premiados foron a cervecería Morrison e a xamonería Otear mentres que en comercio os mellores escaparates foron os de Confeccións Teresa e Carnicería A de Juana.