A Deputación activa seis millóns de euros ao programa ‘MercaNaVila’ de apoio ó comercio...

A Deputación da Coruña presentou esta mañá o programa ‘MercaNaVila’. A través del, a institución provincial busca fomentar as compras no comercio local naqueles concellos da provincia de menos de vinte mil habitantes. Conta cun orzamento de 6 millóns de euros, cos que se prevé mobilizar preto de 25 millóns de euros en vendas.

A Pobra implica á veciñanza no deseño do novo modelo de recollida do lixo

O concello da Pobra convoca á cidadanía a unha asemblea este mércores co fin de presentar as distintas propostas para o futuro modelo de recollida do lixo. Será ás oito da tarde no antigo local do ISM.

Ribeira recibirá 6’5 millóns de euros para a rehabilitación integral de Bandourrío

O concello de Ribeira acadou seis millóns e medio de euros de fondos europeos para executar o Proxecto Ribeira Atlántica 2030. O plan contempla a rehabilitación integral do barrio de Bandourrío e a súa integración co resto do casco urbano.

Mal inicio da campaña marisqueira en Noia con pouco berberecho e apenas ameixa

Máis de 1400 mariscadores volvían esta mañá á actividade en Noia. O arranque da campaña foi decepcionante tras constatar os profesionais a escaseza de marisco, especialmente de ameixa. Estes resultados confirmaban as malas expectativas que auguraban as mostraxes ante a escaseza de bivalvo de talla comercial.

A Pobra recupera a memoria dos lugares a través da sabedoría popular

O concello da Pobra porá en marcha o proxecto ‘Memoria dos Lugares’ que busca recompilar o saber popular das distintas aldeas e parroquias do municipio. Ademais da transmisión de todo ese patrimonio inmaterial a futuras xeracións, o programa promoverá tamén o envellecemento activo e a alfabetización dixital dos maiores.

Ribeira inviste uns150 mil euros na mellora do Centro de Interpretación de San Roque

Ribeira investiu preto duns 150 mil euros en diversas obras de acondicionamento no Centro de Interpretación de San Roque. Entre as actuacións levadas a cabo foi a mellora da accesibilidade do edificio, a instalación de nova sinalética e a renovación de contidos. Tamén se actuou a impermeabilización e pintado da fachada exterior.

Todo preparado en Barraña para recibir ás lendas do Real Madrid

Todo preparado en Barraña para poder acoller mañá sábado o partido amigable que enfrontará a unha selección de amigos do Club Deportivo Boiro, contra os veteranos do Real Madrid. O histórico encontro servirá ademais de homenaxe á memoria de Jesús Alonso, fundador de Jealsa, pola súa contribución ó fomento do deporte na localidade, e en especial do fútbol.

Preto de 300 persoas participarán en Ribeira na VI Andaina en favor de AGAPREM

Preto de 300 persoas daranse cita na andaina en favor de AGAPREM que se celebrará en Ribeira o domingo 12 de outubro. O obxectivo desta proba solidaria é dar visibilidade á prematuridade.

Ana Pontón: ‘A moción de censura non freará o ascenso do BNG’

O BNG insiste en criticar, ó que o seu xuízo é unha manobra ‘bochornosa’ do Partido Popular para facerse coa alcaldía de Ribeira, co apoio de catro edís do PBBI. A voceira nacional, Ana Pontón, afirmou que a moción de censura non vai frear o ascenso do BNG.

Os ribeirenses volven reclamar médicos nunha concentración marcada pola moción de censura

Como cada xoves, os membros da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza concentráronse en Ribeira. Denuncian que o centro de saúde conta cun terzo menos dos médicos asignados, o que incide directamente na calidade asistencial e na saturación doutros servizos.

REDES SOCIAIS

40,731FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete