Medio Ambiente presenta en Corrubedo a 2ª edición do #ParqueVibras

RIBEIRA> Medio Ambiente pon en marcha unha nova edición do concurso escolar ‘Parque Vibras’. A directora xeral de Patrimonio deu a coñecer as bases do certame esta mañá nunha visita ó Parque Natural de Corrubedo.

Nesta segunda edición, o concurso’ ParqueVibras’ pretende mesmo superar o éxito da súa estrea na que conseguiron implicar a máis de 500 alumnos de 26 centros educativos de toda Galicia.

A dinámica nesta edición volverá ser a mesma. Vai dirixido a escolares de terceiro e cuarto da ESO que realizarán creacións audiovisuais para compartir en redes sociais o valor dos parques naturais de Galicia converténdose así en auténticos influencers e embaixadores do noso patrimonio ambiental.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de decembro e a data límite para presentar os vídeos será o 6 de febreiro. O 27 dese mes daranse a coñecer os finalistas dos que sairán os 5 premiados: un por provincia e outro ó vídeo máis viral.