O executivo boirense executa diversas melloras nun vial en Moimenta

BOIRO> O alcalde, Xosé Ramón Romero, e o edil de Obras, Luís Ruíz, achegáronse ata o lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda, para supervisar a marcha das obras  que se están a executar actualmente no lugar e que teñen coma principal finalidade o acondicionamento dun vial que da acceso a varias vivendas.

As actuacións, por un importe duns 91 mil euros, están financiadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER.  

Pero ademais do acondicionamento do camiño, coa mellora da rede de recollida de pluviais para evitar as escorreduras, a actuación leva aparellada tamén a instalación dun tramo da rede de saneamento para posibles futuras conexión

Con fondos propios o Concello tamén actuou en outros puntos do núcleo de Macenda con pequenas actuacións que buscaban a mellora de accesibilidade coa dotación de novos tramos de beirarrúas.