AMBAR demanda á Xunta máis prazas de centro de día

RIBEIRA> A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou as instalacións de AMBAR en Ribeira para coñecer as necesidades da entidade.  A presidenta da asociación trasladoulle a demanda de ampliar as prazas de centro de día.

O futuro das persoas con diversidade funcional é unha das principais preocupacións das familias cando os pais ou coidadores principais se van facendo maiores.

De aí a necesidade de ampliar as prazas de centro de día de AMBAR que a súa presidenta lle trasladou á directora xeral de Persoas con Discapacidade na visita ó centro realizada esta mañá. En total, a entidade precisaría de dez prazas de centro de día, sete de nova creación e tres de conversión, actualmente de centro ocupacional así como novas prazas para de vivenda tutelada.

A directora xeral recolleu a demanda da entidade que podería ser asumida grazas á suba do concerto social para financiar as prazas de dependencia que vén de aprobar a Xunta para facer fronte ó incremento dos custos.