RIBEIRA> O clásico navideño de ‘O Grinch’ recalará en Ribeira o 28 de decembro da man de Cantaruxa Producións. Haberá dous pases no auditorio municipal: un ás cinco e outro ás sete e media. Xa se poden adquirir as entradas con prezos que oscilan entre os 12 e os 16 euros.
Xa están á venda as entradas para o musical ‘O Grinch’ que se representará no auditorio municipal de Ribeira. Haberá dúas funcións, unha ás cinco e outra ás sete e media co obxectivo de cubrir a previsible demanda deste espectáculo que fará as delicias de nenos e maiores.
Os que non queiran perder ocasión de gozar deste clásico do Nadal xa poden mercar a súa entrada tanto na web www.ataquilla.com como na oficina de atención cidadá de luns a venres en horario de 9 a 2.











