Comezan as obras para a renovación integral do Campo da Mina

Iniciadas as obras de mellora no campo de fútbol da Mina, en Boiro. Ademais da conversión a céspede artificial procederase á reforma integral das instalacións e ó acondicionamento dun aparcadoiro nunha parcela anexa.

A Deputación da Coruña pon en valor a riqueza patrimonial da provincia

A Deputación da Coruña desenvolverá entre o 30 de setembro e o 5 de outubro as Xornadas Europeas sobre Patrimonio. O programa presentouse esta mañá en Ribeira, concretamente na antiga nave de Conservas Cerqueira, que acollerá unha das visitas guiadas nesta segunda edición.

AMICOS promove a conservación dos ríos e o uso responsable da auga a través...

A exposición itinerante AMIRRÍOS chega a Ribeira. Forma parte do proxecto de AMICOS para sensibilizar sobre o coidado dos ríos e o uso responsable da auga. Ademais de actividades de sensibilización con escolares, o proxecto inclúe xornadas de eliminación de especies invasoras.

Esteban Ares xa é o novo alcalde de Lousame

Esteban Ares xa é alcalde de Lousame. Este mediodía recibía o bastón de mando da man da súa predecesora, Teresa Villaverde. O novo rexedor asume o cargo con ilusión e o compromiso de manter o legado recibido aínda que dende unha perspectiva renovadora.

O concello de Ribeira agarda rematar as obras do Club de Remo de Aguiño...

O concello de Ribeira confía en rematar as obras da nave do club de remo de Aguiño a finais deste ano. A actuación sufriu unha demora posto que foi preciso un modificado do proxecto para afianzar os terreos. A obra supuxo un investimento de máis dun millón de euros.

Jealsa reunirá a máis de mil persoas na súa andaina solidaria en favor de...

Máis de mil persoas volverán camiñar contra a leucemia en Boiro. O 28 de setembro terá lugar a quinta edición da Andaina Solidaria de Jealsa que destinará os fondos recadados á fundación Stop Leucemia.

O próximo martes saen á venda as entradas para o Xantar de Confraternidade da...

A Pobra celebrará o 17 de outubro o seu tradicional Xantar de Confraternidade. A cita congregará a 750 persoas, maiores de 60 anos, no pavillón de Venecia. O prezo do menú, a cargo de Chicolino, será de 18 euros.

As familias de Asados manterán a folga e non enviarán ós nenos a clase...

A ANPA do CEIP ANA María Diéguez acordou continuar coas protestas posto que ó longo da próxima semana seguirán sen enviar ós nenos a clase. As familias que así o precisen contarán con servizo de monitorado así como Plan Madruga e Comedor para favorecer a conciliación.

Emotiva despedida de Teresa Villaverde tras 14 anos como alcaldesa de Lousame

O pleno de Lousame brindoulle unha emotiva despedida a Teresa Villaverde. A que fora alcaldesa durante 14 anos despediuse dos seus compañeiros de corporación dando o relevo a Esteban Ares.

Máis de 500 corredores disputarán este domingo en Boiro o Trail dos Indios

Récord de participación no Trail dos Indos que se celebra este domingo en Boiro. Esta novena edición, que partirá do Pazo de Goiáns, contará con máis de 500 corredores.

REDES SOCIAIS

40,731FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete