As obras do Centro de Deportes Náuticos de Aguiño poderían estar rematadas en marzo

RIBEIRA> O concello de Ribeira agarda que a nova nave do club de remo de Aguiño estea rematada en marzo. Dende o executivo mantiveron xa varias reunións coa empresa para axilizar os traballos que permitan rematar ó longo do mes de novembro a estrutura exterior.

O novo centro de deportes náuticos que se está a construír no porto de Aguiño podería ser unha realidade no primeiro trimestre de 2026. Esta é a intención do novo goberno de Ribeira que xa mantivo un encontro de traballo con responsables da empresa para desbloquear o proxecto.

As obras da instalación exterior levan semanas paradas á espera dunha estruturas de formigón prefabricadas que previsiblemente chegarán esta mesma semana. Unha vez concluída e pechada a nave poderán comezar os traballos no interior coa previsión de que estean rematados no mes de marzo.

O proxecto sufriu un importante retraso con respecto ós prazos iniciais ante os problemas no terreo que obrigaron a realizar un modificado para acometer unha mellor cimentación. A alcaldesa responsabilizou ó anterior executivo de non ter axilizado este procedemento administrativo, sen custo, polo que a demora na execución da obra foi aínda maior.

A este respecto, a entrada en funcionamento do centro que albergará o club de remo de Ribeira, se demorará aínda máis posto que é preciso equipala e busca financiamento para mobiliario e material.