Ribeira reforza a súa oferta formativa con dous novos seminarios do IV Ciclo da USC

RIBEIRA> O concello de Ribeira reforza a súa oferta formativa con dous novos seminarios do cuarto ciclo da Universidade de Santiago. Os cursos, dirixidos a maiores de 50 anos, versarán sobre a creación audiovisual e os primeiros castelos de Galicia. 

Serán dous os cursos que se impartan ó longo deste cuadrimestre en Ribeira no programa do cuarto ciclo que a USC desenvolve no municipio dende o ano 2020. Nesta ocasión, a proposta formativa componse dun obradoiro de creación audiovisual, previsto para os días 10 e 17 de novembro e 1 de decembro, no que os participantes terán ocasión de levar á práctica os coñecementos adquiridos coa rodaxe dunha curta. O outro dos cursos consistirá nun seminario sobre os primeiros castelos de Galicia datados na Idade Media. Terá lugar o 15, 18 e 19 de decembro e incluirá algunhas saídas de campo.

Ademais desta proposta inicial, concello e USC traballan na ampliación da oferta formativa para este cuadrimestre cun novo seminario e materias obradoiros sobre Intelixencia Artificial.

Esta formación vai dirixida a maiores de 50 anos que xa poden solicitar praza de xeito telefónico ou través da secretaría virtual da USC. As clases impartiranse no Centro Cultural Lustres Rivas, en horario de dez a doce da mañá.