RIANXO> A ola de incendios que no ano 2018 asolou Rianxo con centos de hectáreas queimadas en todo o municipio foi un punto de inflexión para as comunidades de montes do Concello, que decidiron constituír a Plataforma pola Defensa do Monte.
Integrada por sete entidades: Fieitoso en Taragoña, Campelo, Isorna, Paradela, o Araño e Leiro, a Plataforma ten coma principal obxectivo buscan é avanzar cara unha xestión sostible do territorio, baseada na cooperación, a recuperación dos ecosistemas e o aproveitamento dos recursos locais de forma sostible.
Hai dous anos a Plataforma, a través do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e a Fundación Ría, recibiu unha axuda importante de dous millóns de euros de fondos europeos grazas ó apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
O proxecto aposta por un modelo de xestión distinto, que non busque só a venda de madeira, se nón darlle un uso ó monte máis multifuncional, con outro tipo de aproveitamentos como é o caso do agrogandeiro.
Outro dos eixes principais é a educación medioambiental, que o desenvolven a través do proxecto ‘Máis ca leña’, implicando ós mais cativos dos diferentes usos que ten o monte, creando así conciencia e comunidade.
Coma retos de futuro, a Plataforma márcase a busca de apoios das Administracións para seguir adiante co seu traballo, incrementando o número de hectáreas de silvipastoreo, introducindo novas iniciativas como pode ser o valado virtual para a gandería vacuna…en definitiva, acadar unha maior produtividade do monte.










