NOIA> O concello de Noia avanza na elaboración do seu Plan Integral de Mobilidade coa a peonalización do primeiro treito da Corredoira como primeiro paso. O resto da vía reabrirase ó tráfico, limitado a 20 quilómetros por hora e de oito da mañá ás dez da noite, dando prioridade ó tránsito peonil.
A primeira das medidas de cara á implantación do Plan de Mobilidade Integral do concello de Noia xa está en marcha. O novo goberno aposta pola peonalización do primeiro treito da rúa Luís Cadarso, entre a entrada e o primeiro cruce, permitindo exclusivamente o acceso a residentes ou negocios.
Como medida provisional, reabrirase ó tránsito rodade o resto da Corredoira favorcecendo a mobilidade cara o sur do municipio. Permitirase unicamente o acceso de vehículos polo día, entre as oito da mañá e as dez da noite, e cunha velocidade limitada a 20 quilómetros por hora.
Nestes primeiros días, a policía local realizará unha campaña especial de vixilancia para informar ós condutores dos cambios circulatorios e controlar que se respectan as novas medidas.
Trátase de medidas transitorias á espera de elaborar un plan de protección do caso histórico.











