O goberno noiés esixe responsabilidades ó PP polas facturas inxustificadas que pasaba ó Concello

NOIA> Facturas de hoteis, comidas e consumicións varias en distintos establecementos da localidade e fóra dela, cuantificadas dende o ano 2018, que ó parecer o grupo municipal do PP pasaba ó Concello con cargo á asignación anual que lle corresponde a cada partido político con representación municipal.

Por esta razón o equipo de goberno, liderado polo Partido Socialista e a Marea, vén de contratar os servizos dunha asesoría xurídica para avaliar o alcance destes gastos.

Consideran que estes gastos son inxustificables e non gardan relación algunha coa actividade propiamente institucional.

Esixen a dimisión de Santiago Freire, anterior alcalde, coma o máximo responsable, e pídenlle ó PP que devolva ó Concello eses cartos que se gastaron de forma incorrecta.