Máis de once mil escolares arrancan o curso no Barbanza
Normalidade na volta ó cole no Barbanza. A comarca arrancou o curso escolar con máis de 11 mil alumnos matriculados. Aínda que baixaron as matrículas en Primaria na ESO destaca a suba en Infantil e Bacharelato.
Boiro insiste na reclamación a Educación da mellora do edificio de infantil no colexio...
En Boiro, o alcalde, Xosé Ramón Romero, comprobou tamén esta mañá o estado das obras de mantemento que o Concello está a desenvolver no colexio de Santa María do Castro. Durante a visita ó centro volveu a reclamar o acondicionamento do edificio de infantil, unha promesa incumprida por parte da consellería de Educación.
O BNG de Ribeira denuncia recortes no programa municipal de conciliación
Nesta xornada de apertura do curso, houbo tamén espazo para a crítica. O BNG de Ribeira denuncia o recorte no servizo de conciliación que non dá resposta ás demandas das ANPAS. Advirten tamén das incidencias rexistradas nas liñas de transporte escolar.
O concello de Ribeira destinou 70 mil euros a melloras nos centros educativos
En Ribeira, a alcaldesa quixo dar a benvida ós alumnos do CEIP de Frións, un dos centros nos que se teñen acometido reformas ó longo deste verán. En total, investíronse preto de 70 mil euros en mellorar os nove centros públicos do municipio.
A Pobra iniciará o curso con importantes melloras nos centros educativos
O concello da Pobra comezará mañá o curso cos deberes feitos. Ademais das tarefas de mantemento habituais, executáronse tres actuacións extraordinarias para poñer a punto o Fernández Varela e as unitarias da Angustia e da Granxa.
A Conselleira de Economía destaca en Boiro a aposta pola diversificación de Samala Shipyard
A Conselleria de Economía e Industria desprazouse esta mañá ata Boiro para coñecer as instalacións de Samala Shipyard, localizadas na Ladeira do Chazo. A empresa toma o relevo de Estaleiros Triñanes garantindo así a remuda xeracional e a diversificación no sector da construción naval.
O traxe tradicional volverá percorrer as rúas de Ribeira no Día de Santa Uxía
As festas de Santa Uxía volverán reivindicar a tradición coa sexta edición da Ruada do Traxe Aires de Dorna que promove a asociación de Amas de Casa de Ribeira. Unhas 200 persoas participarán no desfile e posterior festival que terá lugar este sábado.
Emotivo regreso da Guadalupe de Asorey a Tanxil
Vinte anos despois da súa retirada, a Guadalupe de Asorey volveu a Tanxil. O concello de Rianxo celebrou un acto multitudinario para inaugurar a escultura que contou coa presenza de numerosos veciños, autoridades e o Conselleiro de Cultura.
Lousame volve apostar pola música tradicional a través dunha Aula da UNED Sénior
O concello de Lousame volve apostar por achegar o saber a tódolos veciños a través da aula da UNED Senior da Coruña sobre música tradicional. Xa está aberto o prazo de inscrición para este obradoiro formativo dirixido a maiores de 55 anos de toda a comarca.
A oposición de Ribeira forza un pleno para pedir explicacións polo proxecto da residencia
A oposición de Ribeira forza a convocatoria dun pleno extraordinario para abordar o proxecto da futura residencia pública na localidade. Denuncian que despois dun ano tras a moción de censura o proxecto siga paralizado, a pesar dos reiterados anuncios por parte do actual goberno municipal.

















