Preocupación en Arousa pola presenza das candorcas no interior da Ría
Preocupación na ría de Arousa pola presenza das candorcas. Durante a fin de semana producíronse varios ataques destes cetáceos a embarcacións que navegaban pola illa de Rúa, en Ribeira, e tamén na Illa de Arousa e no Grove, entre outros. Dende Salvamento Marítimo piden que se extremen as precaucións pola presenza destes animais.
O Mirfak da Armada Española de Ferrol faise co Trofeo Pitusa Sabín
O Mirfak impúxose na Regata Mar de Finisterre-Trofeo Pitusa Sabín celebrada esta fin de semana en augas da ría de Muros Noia. A embarcación da Armada Española de Ferrol conseguiu facerse co trofeo por segundo ano, tras dúas xornadas moi disputadas.
O balance da tempada de socorrismo deixa incidencias leves nas praias do Barbanza
A piques de concluír a tempada estival, o balance do servizo de socorrismo nas praias do Barbanza é positivo. Foron poucas as incidencias graves nos areais da bisbarra a pesar da gran afluencia de bañistas. As intervencións máis habituais consistiron en curas de feridas, cortes ou picaduras.
Boiro quenta motores para o San Ramón de Bealo que suma un día máis...
Boiro prepárase para celebrar as súas festas máis senlleiras. O vindeiro venres darán comezo as celebracións na honra de San Ramón de Bealo con máis de 260 anos de historia. Este ano suman un día máis: serán un total de seis xornadas de festa coa romaría do domingo 31 como cita máis destacada.
A Pobra volverá sacar este venres o deporte á rúa
O concello da Pobra volverá sacar o deporte á rúa este venres nunha xornada dirixida especialmente ós máis novos. A praza Segundo Durán, as pistas do Castelo e a praia do Areal acollerán exhibicións dos diferentes clubs deportivos do municipio e distintas actividades abertas ó público.
Ribeira promove unha campaña para reducir o consumo de auga durante o verán
O concello de Ribeira e Viaqua promoven unha campaña para o consumo responsable de auga. As recomendacións para o consumo doméstico van acompañadas doutras medidas por parte da administración como limitar os regos e baldeos que xa están a obter bos resultados.
O PP de Boiro denuncia un novo atraso no pago das subvencións deportivas
O PP de Boiro denuncia un novo retraso no pago das subvencións a deportistas federados. Ademais da demora do cobro das subvencións correspondentes ó 2024, advirten de que aínda non se convocaron as do actual exercicio.
Abre as súas portas a Feira Gastromar en Ribeira
Esta mañá abría as súas portas en Ribeira a Feira Gastromar. Fíxoo coa súa inauguración oficial a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde. A cita gastronómica promovida pola Asociación de Empresarios, en colaboración coas confrarías de Ribeira e Aguiño, a asociación de praceiras e a cooperativa de armadores, prolongarase durante toda a fin de semana con degustacións, obradoiros e showcookings.
A Pobra solicita o apoio da Xunta para a posta en valor do castro...
O alcalde da Pobra vén de solicitar o apoio da Xunta para o proxecto de investigación e divulgación do castro da Croa de Posmarcos. Nunha xuntanza mantida co director xeral de Patrimonio Cultural e o director do Servizo de Arqueoloxía da Xunta, o rexedor trasladoulle esta petición, co fin de seguir conservando e poñendo en valor o patrimonio local.
O circuíto de carreiras de Barbanza Arousa arrancará o 31 de agosto na Pobra
O domingo 31 de agosto arrancará o Circuíto ‘Catro Carreiras, unha Meta’ da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa. Farao na Pobra, cunha proba urbana duns oito quilómetros, que agarda reunir a máis de 500 corredores.

















