NOIA> Aínda que o BNG viña reclamando dende hai anos o saneamento integral da Ría, as últimas novas referidas a falla de depuración das augas residuais que se xeran ó longo de todo o municipio, que van parar directamente ó mar, sen pasar pola EDAR, que non está operativa, levantou de novo as alarmas.
Os nacionalistas levarán de novo ó Parlamento esta situación, co fin de garantir, coa máxima urxencia posible, actuacións concretas que dean solución a este grave problema medioambiental.
Entre outras cuestións o BNG reclamaralle a Xunta a realización dun calendario de actuacións e de investimentos para reverter esta situación, incluíndo mesmo no orzamento do ano que vén diferentes partidas para consecución do tan ansiado saneamento integral da Ría.
Para o BNG esta situación ten un claro responsable, é este non é outro que o Partido Popular, tanto a nivel municipal como autonómico, que durante estes anos non foi quen de poñer en marcha actuacións concretas para solucionalo.











