RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de completar o catálogo de persoal da Policía Local ó cen por cento. Hoxe mesmo incorporábase o último dos axentes conformando un cadre de persoal con 27 membros en activo ós que se suman 12 auxiliares.
O executivo ribeirense dá un novo paso no reforzo da seguridade cidadá ó completar ó cen por cento o cadro de persoal da policía local. O último dos axentes incorporábase hoxe mesmo sumando xa unha plantilla de 27 policía co reforzo de 12 auxiliares.
Ademais do incremento de persoal, o alcalde anunciou a adquisición dun novo vehículo para a policía local, valorado en 38 mil euros, do que xa poderán dispoñer ó longo deste mes para mellorar a atención cidadá e as condicións de traballo dos axentes.
En paralelo á súa aposta por reforzar os corpos policiais coa dotación de medios humanos e técnicos, dende o concello destacaron outras accións desenvolvidas ó longo do mandato para favorecer a seguridade e mellorar a convivencia cidadá. Entre elas, o desaloxo do edificio okupa das Abesadas ou os controis preventivos de consumo de alcol e drogas.Tamén incidiron dende o executivo nas campañas de seguridade viaria e educación cidadá.











