O concello de Boiro foi escenario esta mañá da presentación da edición número 29 da Regata Cenor. A proba, organizada polo Club Náutico de Portonovo en colaboración co Club Náutico de Barraña, desenvolverase esta vindeira fin de semana e nela prevese unha participación de máis dunha vintena de embarcacións.
Preocupación no Barbanza ante a presenza de carabelas portuguesas nas súas praias
A presenza de carabelas portuguesas é cada vez máis frecuente nas nosas costas. Esta mesma semana, a aparición de varios exemplares obrigou a pechar ó baño a praia das Furnas en Porto do Son despois de que unha nena de sete anos tivera que ser trasladada ó hospital trala picadura dun exemplar.
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro coñece os equipamentos da lonxa de Ribeira
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro visitou esta mañá a lonxa de Ribeira para coñecer os últimos investimentos en maquinaria financiados con cargo á orde autonómica de axudas para equipamento. Aproveitou ademais a súa presenza na localidade para reunirse con responsables da confraría que lle demandaron apoio á formación e á rexeneración dos bancos marisqueiros.
O PP de Boiro critica a deficiente xestión municipal da rede de abastecemento de...
O Partido Popular de Boiro denuncia o mal estado no que se atopa o servizo municipal de auga. Os populares consideran que se trata dun servizo básico que o Concello debe garantir. Segundo os populares, lonxe de facelo, o goberno municipal está máis preocupado en macroproxectos como é o caso da ampliación da casa de cultura da Cachada ou a nova urbanización de Barraña.
Agadea construirá un centro de día nunha das antigas vivendas dos mestres de Praia...
Esta mañá o alcalde, Xosé Ramón Romero, e a presidenta da Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, Isabel Gey, asinaban o convenio de colaboración que posibilitará a creación dun espazo para as persoas maiores nas antigas vivendas dos mestres en Praia Xardín. O centro, que tería capacidade para unhas 26 persoas, podería entrar xa en funcionamento a finais do ano que vén.
Palmeira repartirá esta fin de semana unha tonelada de polbo
A parroquia ribeirense de Palmeira converterase esta fin de semana en capital do polbo coa celebración da undécima exaltación do cefalópodo. Ademais da degustación gastronómica haberá animación musical a cargo de grupos tradicionais e diversos concertos.
Máis de 30 embarcacións participarán no XI Trofeo Pitusa Sabín
A ría de Muros-Noia acollerá esta fin de semana a undécima edición do Trofeo Pitusa Sabín – Regata Mar de Finisterre. A proba, na que participarán unhas 40 embarcacións, será puntuable para o Campionato de España de Cruceiros, a Copa de Galicia e o Trofeo Presidente da Xunta.
Trasladan en helicóptero a un condutor ferido nun accidente en Rianxo
Un choque frontal entre dous vehículos esta mañá en Rianxo, no lugar de Rial, na parroquia de Leiro, deixa a un condutor ferido de gravidade. Foi necesaria a excarceración dun dos condutores dun dos turismos, que foi ademais mobilizado no helicóptero medicalizado ó Clínico onde permanece con prognóstico reservado.
O Torneo Interparroquial de Fútlbol de Boiro recada máis de 10.000 euros para ASANOG
O concello de Boiro acolleu esta mañá o acto de entrega da recadación do Torneo Solidario Interparroquial de Fútbol. Foron máis de dez mil euros destinados integramente á Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia, ASANOG.
A ANPA do CEIP Ana María Diéguez retoma as mobilizacións para esixir máis recursos...
A ANPA do CEIP Ana María Diéguez de Asados retomou as mobilizacións para demandar a incorporación de profesora de cara ó curso que está a piques de comezar. Reclaman a incorporación dos especialistas en PT e AL a tempo completo así como o desdobre da aula de quinto cunha ratio de 28 alumnos.

















