RIBEIRA> Ribeira acollerá o 12 de outubro a segunda edición da Milla da Hispanidade. A proba, organizada pola Escola de Boxeo El Canario, conta este ano coa homologación da Federación Galega de Atletismo.
Por segundo ano, a Escola de Boxeo EL Canario organiza en Ribeira a Milla da Hispanidade. Desenvolverase o propio 12 de outubro, con saída ás once da mañá dende o Malecón. O percorrido inclúe dúas voltas ata a praza de abastos, con distancias menores para as categorías inferiores.
Os interesados en participar dispoñen de prazo para inscribirse ata o mércores 8 de outubro. Poden facelo a través da web carreirasgalegas.com.Dende o concello animan ós ribeirenses a participar nesta proba, enmarcada na liña de promover o deporte e os hábitos saudables entre a cidadanía.











